Tres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
3
Cardinal Tres
Ordinal Terceiro
Propiedades matemáticas
Factorización 3
Función totiente φ(3) = 2
Número de divisores τ(3) = 2
Suma dos divisores σ(3) = 4
Conta de primos π(3) = 2
Función de Möbius μ(3) = -1
Función de Mertens ‘‘M’‘(3) = -1
Outros sistemas de numeración
Sistema binario

11

Sistema octal 3
Sistema duodecimal 3
Sistema hexadecimal 3
Numeración romana III
Numeración exipcia
Z1Z1Z1
Numeración grega III
Numeración xónica γ´
Numeración chinesa
Numeración hebraica
Numeración armenia Գ
Numeración Āryabhaṭa
Numeración maia
Lista de números

0 1 2 3 4 5 6 7 8 9
0 10 20 30 40 50 60 70 80 90


O tres (3) é o número natural que segue ao dous e precede ao catro.

O 3 é o segundo número primo e o primeiro número primo impar. Ademais, é o primeiro número primo de Fermat (n = 0). É o segundo número primo de Sophie Germain.

  • O 3 tamén é o segundo número triangular, despois do 1 e antes do 6.
  • O 3 é o cuarto termo da serie de Fibonacci, despois do 2 e antes do 5.
  • O polígono de 3 lados recibe o nome de triángulo.
  • Se se multiplica un número por tres obtense o triplo dese número; mentres que se se divide por tres obtense un terzo. O cubo dun número (o devandito número multiplicado 3 veces por si mesmo) represéntase co 3 como expoñente, como en n3.
  • Un número natural é divisible entre 3 se a suma dos seus díxitos é divisible entre 3. Por exemplo, o número 21 é divisible entre 3 e a suma dos seus díxitos é 2+1 = 3. Este proceso pode repetirse cantas veces sexa necesario (exemplo: 16 893 702 suma 36, 3+6 = 9, que é claramente divisible entre 3). Debido a isto, a reversión de calquera número que é divisible entre tres (ou na súa falta, calquera permutación nos seus díxitos) é tamén divisible entre 3. Así, 1368 e o seu reverso 8631 son ambos os dous divisibles entre 3 (1+3+6+8 = 18), así como os 1386, 3168, 3186, 3618 etc.
  • En moitas culturas o 3 represéntase mediante tres puntos, como no caso da numeración maia, ou mediante tres trazos (horizontais ou verticais). Por exemplo, na numeración romana (III) e na numeración chinesa (三).
  • Tres son os ideais da Revolución Francesa, Liberdade, Igualdade e Fraternidade
  • Existen famosas triloxías literarias, entre elas as de Paul Auster e William Burroughs. O señor dos aneis foi publicada como triloxía aínda que non era esa a intención do seu autor.
  • Son triloxías famosas no cine Back to the Future e O Padriño.
  • En Vietnam crese que dan mala sorte as fotografías de tres persoas.
  • Os Nazis chamaron Terceiro Reich a Alemaña, pretendendo que os dous primeiros foran o Imperio Romano e o Imperio de Prusia.
  • Os tsares chamaron a Moscova a terceira Roma, seguindo a Constantinopla.
  • Son necesarios e suficientes 3 puntos para determinar unha superficie plana.
  • 3 son as cores primarias: amarela, vermella e azul.
  • Existen varios prefixos que significan tres e participan na construción dunha gran cantidade de palabras de uso cotián: ter e tri, como en terna e trindade.
  • Na cultura medieval cristiá é un número perfecto. Simboliza o movemento continuo e a perfección do acabado, así como símbolo da Trindade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]